Gray (unidade)
O gray (símbolo Gy) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades que mide a dose absorbida de radiacións ionizantes por un determinado material. Un gray é equivalente á absorción dun joule de enerxía ionizante por un quilogramo de material irradiado.
Esta unidade estabeleceuse en 1975. Foi nomeada así en honra ao físico inglés Louis Harold Gray.