Gray (unidade): Diferenzas entre revisións
Saltar á navegación
Saltar á procura
imported>InternetArchiveBot Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2 |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión actual feita o 7 de agosto de 2020 ás 23:47
O gray (símbolo Gy) é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades que mide a dose absorbida de radiacións ionizantes por un determinado material. Un gray é equivalente á absorción dun joule de enerxía ionizante por un quilogramo de material irradiado.
Esta unidade estabeleceuse en 1975. Foi nomeada así en honra ao físico inglés Louis Harold Gray.