Número necesario a tratar

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

En medicina preventiva e epidemioloxía, o número (de pacientes) necesario a tratar ou NNT (do inglés, number needed to treat) é o número de doentes que cómpre expor a un factor preventivo ou terapéutico coa fin de evitar un evento patolóxico ou conseguir un evento curativo. É unha medida bioestatística empregada para medir a efectividade dunha intervención sanitaria.

O número ideal de NNT é 1, xa que isto significaría que todos os individuos sometidos a unha determinada intervención (por exemplo, unha vacina[1]), se verían beneficiados dela. Xa que logo, canto máis elevado sexa o NNT, menor será a eficacia dunha intervención terapéutica.[2]

Cálculo

O número que cómpre tratar calcúlase baseándose na seguinte fórmula: Modelo:Ecuación

Na que (IneIe) é a diferenza entre incidencias nos non expostos e nos expostos, ou o que vén a ser o mesmo, a redución absoluta do risco.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dawson B, Trapp R. Bioestadística médica, 4º edición. Manual moderno, 2005.

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Matemáticas en progreso Modelo:Control de autoridades Modelo:Medidas de frecuencia de enfermidade