Número imaxinario

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Barra lateral En Matemáticas, un número imaxinario (ou número puramente imaxinario) é un número complexo cuxa parte real é igual a cero.

Definición

Todo número complexo pode ser escrito como a+ib, onde a e b son números reais e i é a unidade imaxinaria coa propiedade de que

i2=1

O número a é a parte real do número complexo, e b é a parte imaxinaria. A pesar de Descartes usar inicialmente o termo "número imaxinario" para designar o que actualmente se chama "número complexo", o termo hoxe en día significa especificamente un número complexo con parte real igual a 0, é dicir, un número da forma ib, onde b é un número real. Nótese que, tecnicamente, o cero 0 considérase como sendo un número puramente imaxinario: 0 é o único número complexo que é tanto real como puramente imaxinario.

Historia

Rafael Bombelli estableceu por primeira vez as regras para multiplicar números complexos en 1572. René Descartes escribiu sobre eles en 1637 na súa obra La Géométrie, onde usou o termo imaxinario en sentido pexorativo, xa que na época eses números eran pobremente entendidos e considerábase que non existían. O uso dos números imaxinarios non foi aceptado amplamente ata os traballos de Leonhard Euler (1707–1783) e Carl Friedrich Gauss (1777–1855).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades Modelo:Matemáticas en progreso