Dihidrouridina

De testwiki
Revisión feita o 16 de setembro de 2017 ás 16:03 por imported>BanjoBot 2.0 (top: Arranxos varios, replaced: {{cite journal → {{Cita publicación periódica (2))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Chembox

A dihidrouridina (abreviada como D, DHU, ou UH2) é un nucleósido formado pola base nitroxenada pirimidínica dihidrouracilo e o azucre ribosa. A dihidrouridina pode encontrarse en moléculas de ARNt e ARNr formando a 5,6-dihidrouridina. É o resultado de engadir dous átomos de hidróxeno á uridina, o que converte o seu anel de pirimidina en completamente saturado sen dobres enlaces, como se ve na imaxe.

Uridina + NADPH/H+ Dihidrouridina + NADP+

Como non é unha molécula planar, a dihidrouridina altera as interaccións de amoreamento das bases para formar as hélices de ácidos nucleicos e desestabiliza a estrutura do ARN. A dihidrouridina tamén estabiliza a conformación do azucre C2’-endo, que é máis flexible que a C3’-endo, e este efecto propágase ao residuo veciño do lado 5'. Deste xeito, mentres que a pseudouridina e as metilacións 2’-O estabilizan a estrutura do ARN local, a dihidrouridina fai o contrario.[1]

O ARNt dos organismos que crecen a baixas temperaturas (psicrófilos) presenta altas proporcións de 5,6-dihidrouridina (un 40 a 70% máis como media), o cal lles proporciona a necesaria flexibilidade local ao seu ARNt por debaixo do punto de conxelación.[2]

Notas

Modelo:Listaref

Modelo:Control de autoridades