Dioptro

De testwiki
Revisión feita o 15 de febreiro de 2022 ás 23:03 por imported>HombreDHojalata (wikidata d:Q3916367)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Sen referencias Un dioptro[1] é un sistema óptico formado por unha soa superficie que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.

O concepto de dioptro é útil á hora de formular os principios básicos da óptica xeométrica, xa que calquera punto do dioptrio pode tomarse como eixe óptico do sistema.

O dioptro pode ser plano ou esférico, segundo sexa a superficie.

  • Un dioptro esférico é unha superficie esférica que separa dous medios transparentes de diferente índice de refracción. O estudo do dioptrio esférico ten especial importancia na óptica xeométrica debido a que nos espellos e nas lentes, os compoñentes fundamentais dos instrumentos ópticos, a luz compórtase seguindo leis similares ás do dioptro esférico.

Segundo o signo do raio de curvatura, pódense distinguir dioptros esféricos convexos, r>0, e cóncavos, r<0.

  • Un dioptro plano é unha superficie plana que separa dous medios transparentes de distinto índice de refracción.

Nun dioptro perfecto a lei de Snell para a refracción da luz pode reformularse en función da posición dun obxecto s e do lugar onde se forma a súa imaxe . A expresión que relaciona estas dúas distancias coñécese como invariante de Abbe (en honor a Ernst Abbe).

Esta expresión é:

n(1r1s)=n(1r1s),

onde n e n' son os índices de refracción dos dous medios e r é o raio de curvatura do dioptro.

Unha lente pode construírse mediante a unión de dous dioptros de diferente ou igual curvatura. A ecuación de lentes delgadas dedúcese a partir da refracción da luz en dous dioptros.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades

  1. Termo Modelo:Webarchive no dicionario DiGalego de Ir Indo.