Lei de Fourier

De testwiki
Revisión feita o 9 de agosto de 2017 ás 09:37 por imported>Moedagalega (* -uct- > -ut-.)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

A lei de Fourier, enunciada por primeira vez polo matemático e físico francés Joseph Fourier, establece que a fluxo de calor por condución a través dun material é proporcional ao gradiente negativo de temperatura é á sección do material. A constante de proporcionalidade entre o gradiente de temperatura e o fluxo de calor denomínase condutividade térmica. Esta lei é unha das bases do estudo dos fenómenos de transporte xunto coa lei de Fick e a lei de Newton, que describen o transporte difusivo de materia e de cantidade de movemento respectivamente.

En forma diferencial

A lei de Fourier en forma diferencial amosa que a densidade de fluxo de calor q, é igual ao produto da condutividade térmica k, e ao gradiente negativo de temperatura, T. A densidade de fluxo de calor é a cantidade de enerxía que se transmite por unidade de superficie e de tempo. Represéntase por un vector que indica a magnitude e a dirección do fluxo.

q=kT

onde (incluíndo as unidades do SI)

q é a densidade de fluxo de calor, W·m−2
k é a condutividade térmica do material, W·m−1·K−1,
T é o gradiente de temperatura, K·m−1.

A condutividade térmica, k, tómase a miúdo como constante aínda que non sempre esta aproximación é axeitada. Polo xeral a condutividade térmica dun material varía coa temperatura aínda que esta variación poida ser pequena no rango de temperaturas do que se trate. Ademais, en materiais anisótropos a condutividade térmica pode variar coa orientación polo que se representa por un tensor. En moitas aplicacións sinxelas, a lei de Fourier é aplicada na súa forma monodimensional. Así, na dirección x,

qx=kdTdx

Modelo:Control de autoridades