Morcego das hortas

De testwiki
Revisión feita o 25 de decembro de 2024 ás 09:22 por imported>Breogan2008 ((via JWB))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Taxobox O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.

Descrición

Morcego de talle grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é 2.1.1.33.1.2.3.

Distribución

Distribución

Preséntase na maior parte de Europa, da Península Ibérica, no sur de Inglaterra, sur de Suecia e nos Países Bálticos, no centro de Rusia, sur dos Urais e no Cáucaso, Noroeste de África, Cirenaica, Illas Mediterráneas, Turquía, o Líbano, Israel, Siria, Irán, Afganistán, Kazakhstán, Turkmenistán, Uzbekistán, Kirguizistán, Mongolia, a China, Península de Corea, Taiwán, Himalaia do noroeste da India, Tailandia até Laos polo leste; e talvez na África subsahariana. En España localízase en Castela e León, no norte de Castela-A Mancha, Val do Ebro e País Vasco. No resto tras unha diferenciación recente, utilizando técnicas moleculares, comprobouse a existencia da nova especie, Eptesicus isabellinus, antes unha subespecie de E. serotinus, e que ocuparía as zonas máis termofilas da Península e norte de África.

Hábitat

Morcego preferentemente fisurícola, preferentemente en rochas e en moita menos proporción ocos de árbores, están adaptados ás fendas de todo tipo de construcións humanas. Prefire zonas baixas, aínda que se atopou até os 1.800 m na Serra das Neves, (Málaga).

Ameazas

A selaxe inaxeitada das xuntas de dilatación das infraestruturas e edificios utilizados como refuxio levan a desaparición das colonias. Nalgúns países poténcianse as poboacións dispondo fendas axeitadas en obras públicas (pontes, viadutos etc.).

Patoloxías

É o principal portador, na saliva, dun virus rábico denominado EBL1, (European bat Lyssavirus). En gromos infecciosos virulentos a mortalidade pode verse aumentada un 30% por mor da enfermidade.

Os casos de transmisión da enfermidade da rabia a mamíferos non morcegos, incluído o home, son moi raros, malia iso débese evitar o contacto coa especie.

Véxase tamén

Modelo:Commons Modelo:Wikispecies

Bibliografía

Modelo:Control de autoridades