Escala de Palermo

De testwiki
Revisión feita o 7 de xullo de 2021 ás 11:52 por imported>InternetArchiveBot (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

A Escala Técnica de Ameaza de Impacto de Palermo (en inglés Palermo Technical Impact Hazard Scale) é unha escala de tipo logarítmica (base 10) cuxa función é medir o risco de impacto dun obxecto próximo á terra (NEO, do inglés Near Earth Object). Serve para comparar a probabilidade de impacto potencial dun obxecto detectado co risco medio doutro obxecto de igual ou superior tamaño segundo o tempo que falta ata o impacto potencial previsto.

Existe outra escala similar chamada Escala de Turín, que toma valores discretos (niveis 0-12) co que facilita a súa comprensión ao ser menos técnica e que está orientada cara a xente con menos coñecementos teóricos.

Os valores que pode tomar a escala de Palermo son de carácter continuo a diferenza da escala de Torino. O valor -2 significa que só existe un 1% do risco medio de impacto. O valor 0 indica que a probabilidade de impacto é a mesma que a probabilidade do risco medio. O valor 2 indicaría que a probabilidade de impacto é 100 veces superior ao risco medio.

Fórmula

A fórmula de cálculo da escala de Palermo é: P=log10pifBT

  • sendo pi a probabilidade de impacto,
  • T é o período que falta ata o evento,
  • e fB é a frecuencia anual de impacto. Actualmente está estimada en: fB=0.03E0.8

Notas

  • Steven R. Chesley, Paul W. Chodas, Andrea Milani, Giovanni B. Valsecchi et Donald K. Yeomans, "Quantifying the Risk Posed by Potential Earth Impacts", Icarus, 2002, p. 423-432

Véxase tamén

Ligazóns internas

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades