Binapacril

De testwiki
Revisión feita o 10 de maio de 2017 ás 21:00 por imported>BanjoBot 2.0 (Arranxos varios +cda)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

O binapacril é un acaricida,[1] que ten no dinoseb a súa base estrutural.[2] A súa fórmula química é C15H18N2O6.

Características

Usábase principalmente contra os ácaros nos frutais ata que se prohibiu internacionalmente a produción, uso e comercialización de todos os produtos de protección de plantas que conteñan binapacril, non obstante permítese o uso do produto químico para a investigación ou propósitos de laboratorio en cantidades menores de 10 kg. É un posible carcinóxeno e de efecto fetotóxico. A substancia pódea absorber o corpo ao inhalar os seus aerosois, a través da pel e por inxesta, afectando ao metabolismo, provocando nunha temperatura corpórea e suoración. O binacril é moi tóxica para os organismos acuáticos.

Notas

  1. Lucila Candela Plaguicidas: Aspectos ambientales, analíticos y toxicológicos. Universitat Jaume I, 1998, páxina 279
  2. György Matolcsy et al: Pesticide Chemistry. Elsevier, 1988, páxina 323

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades