Hemoglobina

De testwiki
Revisión feita o 21 de abril de 2023 ás 20:11 por imported>Miguelferig (Tipos de hemoglobina)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Infobox heteropolypeptide A hemoglobina (Hb) é unha heteroproteína do sangue, de peso molecular 64.000 (64 kD), de cor vermella característica, que transporta o osíxeno dende os órganos respiratorios até os tecidos, en mamíferos, ovíparos e outros animais.

Fórmana catro cadeas polipeptídicas (globinas) a cada unha das cales se une un grupo hemo, cuxo átomo de ferro é capaz de unirse de xeito reversíbel ao osíxeno. O grupo hemo fórmase por:

  1. Unión do succinil-CoA (formado en ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico) a un aminoácido glicina formando un grupo pirrol.
  2. Catro grupos pirrol únense formando a Protoporfirina IX.
  3. A protoporfirina IX únese a unha molécula de ferro ferroso (Fe2+) formando o grupo hemo.
Grupo Hemo

Cando a hemoglobina está unida ao osíxeno, denomínase oxihemoglobina ou hemoglobina osixenada, dando o aspecto rubio ou escarlata intenso característico do sangue arterial. Cando perde o osíxeno, denomínase hemoglobina reducida, e presenta a cor vermella escura (cianose).

  • Reacción paso a paso:
Hb+O2HbO2
HbO2+O2Hb(O2)2
Hb(O2)2+O2Hb(O2)3
Hb(O2)3+O2Hb(O2)4
  • Reacción total:
Hb+4 O2Hb(O2)4

Tipos de hemoglobina

Hemoglobina

Modelo:Proteína Modelo:Proteína Modelo:Proteína

Tamén hai hemoglobinas embrionarias (HbE) dos tipos: Gower 1, Gower 2 e Portland I e II. Estas só están presentes no embrión.

Son valores de referencia: Para homes: 18,0 ± 2,0. Para mulleres: 16,0 ± 2,0.

Véxase tamén

Modelo:Control de autoridades