Efecto Joule

De testwiki
Revisión feita o 2 de abril de 2023 ás 22:41 por imported>Breobot (Reemplazos con Replacer: «através»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Lei de Joule (tamén coñecida como efecto Joule) é unha lei física que expresa a relación entre a calor xerada e a corrente eléctrica que percorre un condutor en determinado tempo. O nome é debido a James Prescott Joule (1818-1889) que estudou o fenómeno en 1840.

Definición

Ela pode ser expresa por:

Q=i2Rt

onde:

Se a corrente non for constante:

Q=Rt1t2i2dt

Termodinámica

Cando unha corrente eléctrica atravesa un material condutor, hai produción de calor. Esa produción de calor é debida aos choques e rozamentos dos electróns (as cargas) a través do material.

Potencia disipada

Nos resistores eléctricos pódese calcular a potencia disipada utilizando a lei de Joule:

P=Q/t=I2R

Aplicacións

  • Diferentes tensións no transporte da enerxía eléctrica

É, principalmente, por causa do efecto Joule que a enerxía eléctrica é transportada en longas distancias en tensións máis altas. A maior tensión permite que a corrente sexa menor (para unha mesma potencia , P = V.i) e así menos enerxía desperdizada no efecto Joule (o outro motivo é o uso de cables de menor sección coa economía do material condutor e estrutura de sustentación).

Modelo:Control de autoridades