Figura musical

De testwiki
Revisión feita o 13 de maio de 2023 ás 20:29 por imported>Breobot (Reemplazos con Replacer: «e seus»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

As figuras musicais son uns signos que representan a duración dos sons. As figuras son: cadrada ou dobre redonda, redonda, branca, negra, corchea, semicorchea, fusa, semifusa, cuartifusa e semicuartifusa.

Duración

A duración en música é o tempo que persiste un son ou o tempo entre dúas notas (silencio, ou simplemente un intervalo de tempo. As duracións son os elementos constituíntes do ritmo.

A duración dun son pode ser medida en absolutas de tempo (segundos e os seus múltiplos e submúltiplos). Porén, en música, a noción de duración é relativa. Nunha estrutura rítmica, é máis importante a relación entre as duracións das notas que a súa duración absoluta.

Na notación musical occidental, as duracións son representadas polos símbolos empregados na partitura, tamén chamados figuras musicais. Actualmente a maior figura é a redonda. A táboa seguinte mostra a duración como fracción da redonda.

Nota Silencio Nome en galego Nome en inglés
(non americano)
Duración
Máxima (obsoleta) Maxima 324
Longa (obsoleta) Longa 164
Cadrada Breve 84
Redonda Semibreve 44
Branca Minim 24
Negra Crotchet 14
Corchea Quaver 18
Semicorchea Semiquaver 116
Fusa Demisemiquaver 132
Semifusa Hemidemisemiquaver 164
Cuartifusa Semihemidemisemiquaver 1128
Semicuartifusa Demisemihemidemisemiquaver 1256

A duración de cada unha destas figuras depende do compás que define cal das notas será tomada como unidade de tempo (pulso) e cantas unidades existen en cada compás. Nun compás de 4/4, por exemplo, a unidade de tempo é a negra (1/4 dunha branca) e hai 4 pulsos en cada compás. Nun compás de 3/4, a mesma negra é a unidade de tempo, mais só hai tres unidades por compás.

Outro factor que afecta á duración dunha nota é o tempo, é dicir, a frecuencia dos pulsos que define canto tempo dura o pulso. Usando o mesmo exemplo anterior, se tocamos unha música en 4/4 cun pulso que dura cerca dun segundo, o ritmo é lento, mais se a unidade tivera a metade desa duración, o ritmo sería dúas veces máis rápido. Por iso dicimos que na música, as duracións son relativas.

Nunha estrutura rítmica, as duracións que non corresponden ás fraccións mostradas na táboa ou duracións maiores que o compás empregado poden ser representadas como ligaduras de dúas ou máis notas. Outro xeito de alongar a duración dunha figura cando non ten representación na táboa anterior é mediante o punto de prolongación, representado por un punto que se coloca ao lado dereito da nota que se quere alongar e que aumenta a súa duración nun 50 % do seu valor, de xeito que unha branca con punto pasaría a durar tres pulsos (dous da branca máis un do punto).

Outra forma de ligadura úsase para representar as quiálteras que son grupos de notas iguais que se tocan no tempo que debería ser doutra, como por exemplo a tercina que serían tres figuras iguais que se tocan no tempo que se deberían tocar só dúas.

Véxase tamén

Modelo:NotacionMusical

Modelo:Control de autoridades