Signo de exclamación

De testwiki
Revisión feita o 19 de outubro de 2022 ás 20:12 por imported>Breobot (Reemplazos con Replacer: «en troca»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Puntuación O signo de exclamación (!) é un signo de puntuación que se utiliza despois dun enunciado para indicar entoación exclamativa, a propia da expresión das emocións, da vehemencia, do desexo e das ordes. Con moita frecuencia indica tamén a fin dunha frase, sinalando unha pausa similar á dun punto.

É coñecido tamén como signo de admiración, aínda que algúns autores consideran que se debe evitar esta denominación, dado que a admiración non é a única emoción que expresa.[1]

Historia

Crese que a forma do signo de exclamación ten a súa orixe na Idade Media, nunha época máis ou menos contemporánea do nacemento do signo de interrogación. Segundo unha teoría, nesta altura os copistas acostumaban empregar a exclamación latina , que significaba "viva!", para indicar sorpresa ou alegría nunha frase. No curso do tempo esta palabra daría lugar ao signo por medio da sobreposición da letra "ı" ao "o" e da redución da vogal "o" a un punto. Outra hipótese apunta á abreviación da palabra latina interjectio como base da forma io.[2]

Posible evolución do signo.

Uso e particularidades en diversas linguas

Utilízase na maioría das linguas que empregan o alfabeto latino e tamén en árabe, coreano, xaponés e chinés.

Nalgunhas linguas como o castelán colócase en combinación con este outro signo de exclamación invertido (¡) ao comezo da frase.

En galego, nos textos dos séculos XIX e XX tendíase a reproducir os usos do castelán e empregábase xeralmente como é norma nesoutra lingua. Conforme a isto, na primeira edición das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982) prescribíase que se empregasen dous signos de exclamación correlativos (¡...!) ao inicio e ao final do enunciado afectado pola entoación exclamativa. Trala reforma das NOMIG feita no 2003 só é obrigatorio o uso do signo de exclamación de peche (!), aínda que se admite o uso do signo invertido de apertura (¡) para facilitar a lectura e evitar ambigüidades.

Nas linguas khoisas, e no Alfabeto Fonético Internacional, o signo de exclamación emprégase para representar o clic postalveolar (representado, en troques, polo "q" na ortografía zulú).

Usos extralingüísticos

Na sinalización viaria, o signo de exclamación indica perigo.

Matemáticas

Emprégase o signo de exclamación xunto a unha variable para representar o factorial, que se representaría n!, definíndose como a multiplicación dos números naturais antecesores de n distintos de cero. números consecutivos. O factorial de cero (0!) é 1.

Xadrez

No xadrez, nas anotacións das partidas, un movemento apuntado poder ter un ou dous signos de exclamación. Se se anota un signo de exclamación (!) lese que é unha boa xogada, e se aparecesen dous (!!), implicaría unha xogada excelente.

Banda deseñada

Na banda deseñada, o signo de exclamación indica sorpresa ante calquera situación sospeitosa ou que abra un misterio. Ademais, úsase para resaltar as sentenzas que soltan os personaxes e darlle máis forza á lectura que realice un lector.

Sinalización viaria

O signo de exclamación circunscrito por un triángulo vermello indícalle aos condutores de automóbiles nas estradas a proximidade dun perigo de causa incerta.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades

  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial, p.372.
  2. Jan Viktor White, Ideografia. Segni, simboli e immagini. Corso avanzato di grafica professionale, Milano, Editiemme, 1985. ISBN 88-7022-042-7.