Reacción exotérmica

De testwiki
Revisión feita o 27 de decembro de 2018 ás 21:51 por imported>Elisardojm ({{1000 artigos icona título|materia=Física e Química}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:1000 artigos icona título Denomínase reacción exotérmica a calquera reacción química na que ten lugar un desprendemento de calor. A reacción contraria denomínase endotérmica.

Cando o desprendemento de calor e moi elevado, os produtos da reacción poden chegar a temperaturas moi altas e acadar a incandescencia formándose chamas (lume).

Un exemplo de reacción exotérmica é a combustión.

Dende o punto de vista termodinámico, unha reacción exotérmica é aquela que transcorre con diminución de entalpía, aquela na que ΔH<0; é dicir, aquela reacción na que debido ao desprendemento de enerxía o contido enerxético dos produtos é menor que o dos reactivos.

ΔH=HprodutosHreactivos

onde Hprodutos menor que Hreactivos

A ecuación termoquímica do exemplo que segue indícanos que cando un mol de carbono (sólido, 12 gramos), reaccionan cun mol de osíxeno (22,4 Litros de gas, medidos en condicións normais de presión e temperatura), formándose un mol de dióxido de carbono (22,4 L de gas medidos en condicións normais) despréndese unha calor de 393500 J. O feito de ser calor desprendida indícase co signo menos; ΔH<0

C (s) + O2 (g) → CO2 (g) ; ΔH= -393,5 kJ/mol

Modelo:Control de autoridades