Foxo de Gauss

De testwiki
Revisión feita o 8 de novembro de 2024 ás 18:33 por imported>Andresv.63 (engado a Categoría:Problemas non resoltos da Matemática mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Unsolved

Os primos gaussianos con parte real e imaxinaria como máximo sete, mostrando porcións dun foxo gaussiano de ancho dous que separan a orixe do infinito

Na teoría dos números, o problema do foxo de Gauss pregúntase se é posíbel atopar unha secuencia infinita de números primos gaussianos distintos de tal forma que a diferenza entre números consecutivos na secuencia estea limitada. Se un imaxina que os números primos de Gauss son pedras sobresaíntes nun mar de números complexos, a cuestión é se se pode camiñar desde a orixe ata o infinito con pasos de tamaño limitado, sen mollarse. O problema foi exposto por primeira vez en 1962 por Basil Gordon (aínda que ás veces foi atribuído erróneamente a Paul Erdős) e segue sen resolverse.

Cos números primos habituais, tal sucesión é imposíbel: o teorema dos números primos implica que hai lagoas arbitrariamente grandes na secuencia de números primos.

Pódese definir mediante unha partición dos primos en dous subconxuntos e a súa anchura é a distancia entre o par máis próximo que ten un elemento en cada subconxunto. Así, o problema dos foxos de Gauss pódese formular dunha forma diferente pero equivalente: hai un límite finito nos anchos dos foxos que teñen un número finito de primos no lado da orixe? [1]

Con cálculos computacionais viuse que a orixe está separada do infinito por un foxo de ancho 6 (como mínimo), que mellora o límite anterior de Gethner, Wagon e Wick que era 26.[2] Sábese que, para calquera número positivo k, existen números primos gaussianos cuxo veciño máis próximo está a distancia k ou maior, por tanto existen foxos de ancho arbitrariamente grande, mais estes foxos poden non estar necesariamente no camiño de saltos mínimos desde a orixe ao infinito.[1]

Extensións a outros aneis

O mesmo problema pódese formular para os enteiros e os primos de Eisenstein que son números da forma a+bω onde ω=eiπ/3.

Os cuaternións con todos os compoñentes enteiros chámanse enteiros de Lipschitz. Entón, imos os números primos sobre este anel son os primos de Lipschitz. Un enteiro de Lipschitz só é un primo de Lipschitz se a súa norma é primo. Por tanto podemos propor o mesmo problema sobre este anel en .[3]

Notas

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

  1. 1,0 1,1 Modelo:Cita libroGethner, Ellen; Wagon, Stan; Wick, Brian (1998), "A stroll through the Gaussian primes", The American Mathematical Monthly, 105 (4): 327–337, doi:10.2307/2589708, JSTOR 2589708, MR 1614871, Zbl 0946.11002
  2. Modelo:Cita publicación periódica.
  3. Modelo:Cita web