Celulosa sintase (formadora de GDP)

De testwiki
Revisión feita o 3 de decembro de 2024 ás 18:15 por imported>InternetArchiveBot (Engade 1 libro para verificar (20241202sim)) #IABot (v2.0.9.5) (GreenC bot)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:Encima En encimoloxía, unha celulosa sintase (formadora de GDP) (Modelo:EC number) é un encima que cataliza a seguinte reacción química:[1]

GDP-glicosa + (1,4-beta-D-glicosil)n GDP + (1,4-beta-D-glicosil)n+1

Así, os dous substratos deste encima son a GDP-glicosa e a (1,4-beta-D-glicosil)n, mentres que os seus dous produtos son o GDP e (1,4-beta-D-glicosil)n+1.[2][3]

Este encima pertence á familia das glicosiltransferases, especificamente as hexosiltransferases. O nome sistemático desta clase de encimas é GDP-glicosa:1,4-beta-D-glucano 4-beta-D-glicosiltransferase. Outros nomes de uso común son: celulosa sintase (formadora de guanosín difosfato), celulosa sintetase, guanosín difosfoglicosa-1,4-beta-glucano glicosiltransferase e guanosín difosfoglicosa-celulosa glicosiltransferase. Este encima participa no metabolismo do amidón e a sacarosa e na síntese de celulosa.[4]

En 2019 non se coñecían proteínas con esta actividade nas bases de datos UniProt/NiceZYme ou en gene ontology.

Non se debe confundir coa celulosa sintase (formadora de UDP), que utiliza a UDP-glicosa e é o principal encima sintetizador de celulosa.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Outros artigos


Modelo:Control de autoridades

Modelo:Bioloxía en progreso