Nucleotidiltransferase

De testwiki
Revisión feita o 25 de setembro de 2024 ás 21:58 por imported>Miguelferig
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar á navegación Saltar á procura

As nucleotidiltransferases son encimas transferases de grupos que conteñen fósforo, por exemplo, substituíntes de ácidos nucleicos (nucleotidílicos) ou simplemente nucleósidos monofosfato. A rección xeral de transferencia dun residuo de nucleósido monofosfato de A a B, pode escribirse así:

A-P-N + B A + B-P-N

Por exemplo, no caso das polimerases, A é un pirofosfato e B é o polinucleótido nacente.

Son clasificados co número EC 2.7.7 e poden ser subdivididos nos seguintes grupos:

  1. Uridililtransferases, que transfiren grupos uridililo.
  2. Adenililtransferases, que transfiren grupos adenililo.
  3. Guanililtransferases, que transfiren grupos guanililo.
  4. Cititidililtransferases, que transfiren grupos citidililo.
  5. Timidililtransferases, que transfiren grupos timidililo.

Papel nos mecanismos de reparación do ADN

Unha nucleotidiltransferase é un compoñente da vía de reparación dun só nucleótido por reparación por escisión de bases (BER). Este mecanismo de reparación empeza cando un só nucleótido determinado é recoñecido pola ADN glicosilase como apareado incorrectamente ou mutado dalgunha maneira (por luz UV, mutáxeno químico, etc.), e é eliminado. Posteriormente, utilízase unha nucleotidiltranferase para encher o oco coa base correcta, usando como referencia a febra molde. [1]

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Control de autoridades

Modelo:Bioloxía en progreso