Acimut: Diferenzas entre revisións

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
imported>Andresv.63
algo ampliado
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 13 de marzo de 2025 ás 21:09

O acimut[1] é o arco do horizonte entre o punto norte e o círculo vertical que pasa por un corpo celeste. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º, leste 90º, sur 180º, oeste 270º e outra vez norte 360º.

O acimut adoita medirse en graos (°), no intervalo positivo de 0° a 360° ou no intervalo con signo -180° a +180°. O concepto utilízase en navegación, astronomía, enxeñaría, mapas, minería e balística.

A palabra acimut úsase hoxe en todas as linguas europeas. Ten a orixe no árabe medieval السموت (al-sumūt, pronunciado as-sumūt), que significa "as direccións" (plural do árabe السمت al-samt = "a dirección").

En astronomía

Modelo:Principal

No sistema de coordenadas horizontais, usado na navegación celeste, o acimut é unha das dúas coordenadas.[2] A outra é a altitude, ás veces chamada elevación sobre o horizonte. Na astronomía moderna o acimut é medido case sempre dende o norte.

Coordenadas relacionadas

Ascensión recta

Se en lugar de medir desde e ao longo do horizonte, os ángulos se miden dende e ao longo do ecuador celeste, os ángulos chámanse ascensión recta se se fai referencia ao equinoccio de primavera, ou ángulo horario se se fai referencia ao meridiano celeste.

Coordenadas polares

En matemáticas, o ángulo acimutal dun punto en coordenadas cilíndricas ou coordenadas esféricas é o ángulo en sentido antihorario entre o eixo x positivo e a proxección do vector sobre o plano xy. Un caso especial dun ángulo acimutal é o ángulo en coordenadas polares da compoñente do vector no plano xy, aínda que este ángulo se mide normalmente en radiáns en lugar de graos e denótase como θ en lugar de φ.

Notas

Modelo:Listaref

Véxase tamén

Modelo:Commonscat

Bibliografía

  • Rutstrum, Carl, The Wilderness Route Finder, University of Minnesota Press (2000), Modelo:ISBN

Outros artigos

Ligazóns externas

Modelo:Glosario-astronomía Modelo:Control de autoridades

  1. Modelo:DRAG
  2. Rutstrum, Carl, The Wilderness Route Finder, University of Minnesota Press (2000), Modelo:ISBN, p. 194