Divisor: Diferenzas entre revisións

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura
imported>Andresv.63
m amañar parte de embaixo
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 15 de abril de 2024 ás 19:02

En matemáticas, un divisor dun número enteiro n, tamén chamado factor de n, é un número enteiro m que se pode multiplicar por algún número enteiro para producir n. Modelo:Sfn Neste caso, tamén se di que n é múltiplo de m. Un número enteiro n é divisible por outro número enteiro m se m é un divisor de n; isto implica que ao dividir n por m non temos un resto.

Definición

Un número enteiro n é divisible por un número enteiro distinto de cero m se existe un número enteiro k tal que n=km. A nomenclatura habitual é

mn.

En latex sería "m \mid n".

Isto pódese ler así m divide a n, m é un divisor de n,m é un factor de n, ou n é múltiplo de m. Se m non divide a n, daquela a notación é m∤n. Modelo:Sfn Modelo:Sfn

Que en latex sería "m \not\mid n".

Xeral

Os divisores poden ser tanto negativos como positivos, aínda que moitas veces o termo está restrinxido a divisores positivos. Por exemplo, hai seis divisores de 4, que son 1, 2, 4, −1, −2 e −4, pero só se mencionarían os positivos (1, 2 e 4).

1, -1, n e n coñécense como divisores triviais de n. Un divisor de n que non é un divisor trivial coñécese como un divisor non trivial (ou divisor estrito Modelo:Refn). Un número enteiro distinto de cero con polo menos un divisor non trivial coñécese como número composto, mentres que as unidades −1 e 1 e os números primos non teñen divisores non triviais.

Os divisores propios son todos menos o número en si e o seu negativo, para o exemplo de 4 e tendo en conta só os divisores positivos, o 1 e o 2 son os divisores propios.

Existen regras de divisibilidade que permiten recoñecer certos divisores dun número a partir dos díxitos do número.

Exemplos

  • 7 é un divisor de 42 porque 7×6=42, así podemos dicir 742. Tamén se pode dicir que 42 é divisible por 7, 42 é múltiplo de 7, 7 divide 42 ou 7 é un factor de 42.
  • Os divisores non triviais de 6 son 2, − 2, 3, − 3.
  • Os divisores positivos de 42 son 1, 2, 3, 6, 7, 14, 21, 42.
  • Os divisores positivos propios de 42 son 1, 2, 3, 6, 7, 14, 21.
  • O conxunto de todos os divisores positivos de 60, A={1,2,3,4,5,6,10,12,15,20,30,60}, parcialmente ordenado pola divisibilidade, ten o diagrama de Hasse:

Outras nocións e feitos

Algunhas regras elementais:

  • Se ab e bc, entón ac, é dicir, a divisibilidade é unha relación transitiva.
  • Se ab e ba, entón a=b ou a=b.
  • Se ab e ac, entón cúmprese que a(b+c), igual para a resta a(bc).

Se abc, e gcd(a,b)=1, entón ac. Modelo:Efn Isto denómínase lema de Euclides.

Se p é un número primo e pab entón pa ou pb.

Un número enteiro n>1 cuxo único divisor propio é 1 chámase número primo.

Calquera divisor positivo de n é un produto de divisores primos de n elevado a algunha potencia. Esta é unha consecuencia do teorema fundamental da aritmética .

Un número n dise que é perfecto se é igual á suma dos seus divisores propios, deficiente se a suma dos seus divisores propios é menor que n, e abundante se esta suma supera n.

O número total de divisores positivos de n é unha función multiplicativa d(n), no caso de m e n seren relativamente primos, entón d(mn)=d(m)×d(n). Por exemplo, d(42)=8=2×2×2=d(2)×d(3)×d(7) ; Os oito divisores de 42 son 1, 2, 3, 6, 7, 14, 21 e 42. Esta función tamén se pode escribir como a número cero das funcións sigma σ0(n)

A suma dos divisores positivos de n é outra función multiplicativa σ1(n) (p. ex σ1(42)=96=3×4×8=σ1(2)×σ1(3)×σ1(7)=1+2+3+6+7+14+21+42 ). Esta última coñécese como función divisor e cada subíndice de sigma representa a potencia dos divisores cos que se fai a suma, por iso d(n)=σ0(n), pois os divisores elevados a cero é igual que contalos.

Se a factorización de n está dada polos primos

n=p1ν1p2ν2pkνk

daquela o número de divisores positivos de n é

d(n)=(ν1+1)(ν2+1)(νk+1),

e cada un dos divisores ten a forma

p1μ1p2μ2pkμk

onde 0μiνi para cada 1ik.

Para cada número natural n, temos d(n)<2n.

En álxebra abstracta

Teoría de aneis

Modelo:Principal

Retícula de división

Modelo:Main Nas definicións que permiten que o divisor sexa 0, a relación de divisibilidade converte o conxunto de enteiros non negativos nun conxunto parcialmente ordenado que é unha retícula distributiva completa. O elemento maior desta retícula é 0 e o menor é 1. A operación de encontro ven dada polo máximo común divisor e a operación de unión polo mínimo común múltiplo. Esta retícula é isomorfa ao dual da retícula de subgrupos do grupo cíclico infinito Z.


Notas

Modelo:Reflist

Modelo:Reflist

Véxase tamén

Bibliografía

Modelo:Refbegin

Modelo:Refend

Outros artigos

Modelo:Control de autoridades