Teorema de Pick: Diferenzas entre revisións
imported>Estevoaei m nova clave para a Categoría:Teoremas: "Pick" mediante HotCat |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión actual feita o 29 de febreiro de 2024 ás 13:15

Dado un polígono simple construído sobre unha cuadrícula de puntos equidistantes (é dicir, puntos con coordenadas enteiras) de tal xeito que todos os vértices do polígono son puntos da cuadrícula, o teorema de Pick proporciona unha fórmula sinxela para calcular a área A dese polígono en termos do número i de puntos interiores situados no polígono e o número b de puntos límite situados no perímetro do polígono:
O teorema só é válido para polígonos simples, é dicir, aqueles que consisten nunha única "peza" e non conteñen "buratos".
Foi descrito en alemán a primeira vez polo austríaco Georg Alexander Pick en 1899,[1] e popularizado en inglés por Hugo Steinhaus na edición de 1950 do seu libro Mathematical Snapshots.
Ten múltiples demostracións, e pódese xeneralizar a fórmulas para certos tipos de polígonos non simples.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Bogomolny, Alex (1998) Theorem (Java) "Pick's Theorem" Cut-the-Knot Modelo:En.